Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz programa para outubro un obradoiro de cerámica

Por 23 Setembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organizará un obradoiro sobre cerámica na Casa Habanera, que dará comezo o vindeiro 2 de outubro. Para asistir, haberá que formalizar a inscrición ou ben na propia Casa Habanera ou no Telecentro, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Haberá dúas quendas horarias; a de mañá, de 11:30 a 13:00 horas, e a de tarde, de 18:30 a 20:00 horas. Comezará o 2 de outubro e para solicitar información pódese chamar á liña de teléfono habilitada 982 370 062.

Para o correcto e seguro desenvolvemento desta actividade, desde o Concello poñeranse a disposición dos asistentes todos os medios necesarios de hixienización.