Skip to main content
ActualidadeMuras

Premiada unha fotografía do cometa Neowise dende o alto da Curuxeira en Muras

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O certame organizado por Ceos Galegos con motivo do paso do cometa Neowise preto da Terra premiou unha imaxe do do alto da Curuxeira en Muras.

A fotografía tomada polo ferrolán Marcos López Alonso acadou un primeiro premio do publico en categoria de imaxes con telescopio e tamén un terceiro premio do xurado na mesma categoria.

López Alonso é un amante da paisaxe e os ceos de Muras xa que “pola despoboación hai unha menor contaminación lumínica”

Tamén lembra que no verán pasado participou nas saídas organizadas polo Concello e destaca o labor de divulgación do Concello e o selo Starlight o que fan do mesmo que teña un gran potencial turístico astronómico..