Skip to main content
A PastorizaActualidade

Abre hoxe o PAI da Pastoriza con 18 nenos

Por 2 Setembro, 2020Sin comentarios

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Pastoriza abriu hoxe as súas portas con 18 nenos matriculados de 0 a 3 anos, trala renuncia provinsional dun deles polo que quedarán dúas prazas libres, unha delas reservada para emerxencia social.

O PAI da Pastoriza viuse obrigado a pechar cando se declarou o estado de alarma e volve abrir agora cun protocolo propio para este tempo de covid-19. A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, explicou que dende o Concello xa elaboraron un protocolo de actuación, tomando como base a normativa da Xunta de Galicia, para extremar as medidas de precaución e tentar evitar os contaxios por coronavirus.

Esta documentación foi entregada ás familias e nelas fanse constar medidas importantes como a prohibición de acceso aos pais, manter prendas de vestir e material propio no centro e aumentar a hixiene e a desinfección. Por supusto tamén se establece que os nenos que teñan máis de 37,5 febre non poderán asistir ao centro. Priorizaranse as actividades no exterior sempre que sexa posible.

O PAI pastoricense, no que traballan dúas persoas e que dispón de varios turnos para os nenos e nenas, estará operativo no mesmo horario do curso pasado, de luns a venres de 8.00 a 16.00 horas, se ben non se descarta a súa modificación en función de como evolucione a situación. As dúas prazas que quedan sen cubrir volverán a estar dispoñibles a primeiros de ano para unha nova quedan de matriculación se non se cubren con casos de emerxencia social.