Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O campus de patinaxe puxo fin ao programa Concilia Rábade

Por 12 Setembro, 2020Sin comentarios

Poucos días antes do comezo de curso puxo o seu punto e final o programa Concilia en Rábade, que deixou para o final o Campus de Patinaxe. Os nenos de 4 a 15 anos desfrutaron do 31 de agosto ao 4 de setembro polas mañás no pavillón municipal e nos arredores de clases e xogos sobre rodas.

Os nen@s fixeron técnica e actividades lúdicas a patíns pero este ano,  por mor da pandemia do covid-19, cunhas medidas hixiénico-sanitarias e de protección para garantir a seguridade de todos.

Este campamento está dentro do programa de fomento da conciliación Concilia en Rábade , subvencionado pola Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.