Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Suspenden definitivamente o Máster de Fútbolín de Rábade

Por 19 Setembro, 2020Sin comentarios

A organización do Máster de futbolín de Rábade decidiu suspender finalmente a edición deste ano (a XXIII) do Máster Nacional de Futbolín de Rábade. Este xa non se celebrou nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 9, 10 e 11, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa e foi aprazado para a fin de semana do 1 ao 11 de outubre, a fin de semana do Día da Hispanidade e escolleuse esta data para deixar o luns festivo e facilitar os traslados unha vez rematado o torneo, que se desenvolverá novamente durante tres xornadas.

Finalmente “debido á persistencia da crise sanitaria e seguindo as indicacións das autoridades pertinentes e moi ao noso pesar, vémonos na obriga de aprazar definitivamente esta edición do máster de Rábade”.

Os habituais deste torneo internacional están emprazados para a próxima Semana Santa.

No torneo, que reparte uns 10.000 euros en premios, participan unha media de máis de 300 parellas.