Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés engade novos xogadores para a próxima tempada

Por 4 Setembro, 2020Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés continúa co seu proxecto de reforzo do equipo sénior masculino para a Terceira División e durante o mes de agosto anunciou as últimas novidades.

Así, fichou polos verdivermellos Santi Gegunde, mediapunta procedente do CD Lealtad co que disputou a tempada en Segunda B. Tamén estivo no CD As Ponte e no SD Compostela.

Xunto a este incorpórase o central arxentino Bruno Caballero, que regresa a Vilalba tras tres tempadas.

Tamén se suma o extremo meirense Marino, que regresa á que se foi a súa casa na etapa de formación e despois de militar en conxuntos da provincia como CD Castro ou Viveiro CF.

No capítulo de renovacións incorpóranse procedentes da canteira, concretamente do xuvenil A, o mediocentro Anxo e o mediapunta David, este último autor e 9 goles a pasada campaña.

Por outra banda, xa ao completo comenzou os adestramentos de tempada cumprindo estrictamente todos os protocolos. O equipo adestra en 2 grupos diferenciados, ás 19:00 e ás 20:30 xoves e venres no Estadio Roca.