Skip to main content
ActualidadeVilalba

Devolven as entradas do concerto de Tanxugueiras en Vilalba

Por 2 Setembro, 2020Sin comentarios

A organización do concerto de Tanxugueiras previsto en Vilalba para o 13 de marzo e que tivo que ser adiado con motivo do coronavirus acordou devolver as entradas a aquelas persoas que as mercaron.

O motivo é que se reducirá o aforo do Auditorio Municipal Carmen Estévez a causa dos protocolos establecidos pola Xunta de Galicia para manter as distancias de seguridade polo que o plano das butacas cambiará, non sendo posible manter a numeración anterior.

O concerto realizarase no último trimestre deste ano, pero a data esta aínda sen confirmar. Cando se anuncie poderán volver sacarse as entradas.