Skip to main content
ActualidadeVilalba

Agarimo abre o prazo para anotarse a cinco actividades

Por 21 Setembro, 2020Sin comentarios

A asociación de mulleres rurais Agarimo de Santaballa reinicia a tempada de actividades coa posta en marcha dun programa que se centrará, a partir de outubro, en diferentes opcións.

Así, no programa de cursos firgura novamente o de pilates, que se desenvolverá unha vez á semana de 20.30 a 21.30 horas a partir do 6 deoutubro. Tamén haberá ioga os xoves de 20.30 a 22.30 horas dende o xoves 8.

O mércores 7 está fixado o inicio do curso de restauración, vestería e pintura, que será polas tardes de 16.30 a 18.30 horas, ademais do de bolillos, do que aínda non se coñece a data de inicio nen os días de celebración.

Completan a probramación os talleres Imavi, a cargo de Iria Pigueiras, que se celebrarán os días 23 de outubor, 20 de novembro e 18 de decembro para grupos de oito persoas. O resto dos cursos terán un aforo máximo de 10.

Durante o transcurso dos cursos poranse en marchas as diferentes medidas anti-covid.