Skip to main content
ActualidadeVilalba

O SLG organiza en Vilalba un curso de conservación de alimentos

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

O local social da Liga Santaballesa de Vilalba acollerá entre o 1 e o 29 de outubro un curso de transformación e conservación de alimentos.

As clases desenvolveranse todos os xoves de 16.00 a 20.00 horas. Está aberto unicamente á participación de mulleres traballadoras e demandantes de emprego.

Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no teléfono 982 512 431 ou no correo vilalba@sindicatolabrego.org. Está organizado polo Sindicato Labrego Galego.