Skip to main content
Sin categoría

Muras coloca un contedor de roupa usada no centro de saúde

Por 29 Outubro, 2020Sin comentarios

Muras coloca un contedor de roupa usada no centro de saúdeO Concello de Muras instalou un contedor de roupa usada para atender ao termo municipal trala firma dun convenio de colaboración con Koopera Servizos Ambientais e Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol. O colector xa está colocado ao lado do Centro de Saúde local para que veciñas e veciños que así o desexen depositen a roupa que non usen, no canto de tirala ao lixo común. Esta operación pode facerse ao longo de todo o día xa que no hai limitación horaria.

O proxecto de Cáritas abarca toda a península e chámase Moda-Re. Hai 3 cooperativas que corresponden ás tres plantas de separación e reciclaxe da roupa e a rede de tendas solidarias, así como todas as Cáritas diocesanas.