Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O PM Friol preséntase este domingo na Reigosa cun partido contra o Victoria FC

Por 9 Outubro, 2020Sin comentarios

Este domingo a las 12:00 horas en el estadio municipal da Reigosa o conxunto feminino PM Friol disputará a VIII edición do Trofeo Concello de Friol.

O conxnto local disputará o seu partido contra o Victoria FC e servirá para facer a presentación oficial do equipo para esta tempada 20/21.

Por outra banda, tamén está aberto xa o prazo para facerse socio e acceder aos partidos do Reto Iberdrola de forma preferente obtendo descontos especiais en produtos da tenda.

O equipo xa está practicamente definido para esta tempada, na que contará co regreso de Marta López, tras un ano alonxada dos campos. No capítulo de renovacións figura Natalia Llames, Goretti, Mushu, a máxima goleadora da tempada pasada Lucía Pardo e Fanny Varela, entre outras.

Na de fixaches está a incorporación de Sara García, porteira abulense de 21 anos que procede do Real Oviedo, ou a de Noelia Díez, defensa do Parquesol de 22 anos, así como da tamén defensa madrileña Noemí Andrés Laguna.

Entre fichaxes internacionais está Amani Bernadette, internacional absoluta con Costa de Marfil; ou María Monterroso, dianteira internacional con Guatemala. A elas sumouse Agnes Marie Claire Nkada, internacional con Camerún que, aos seus 25 añnos ten unha ampla traxectoria profesional.