Skip to main content
Actualidade

O comité de Endesa rebate a declaración de intencións da empresa

Por 10 Outubro, 2020Sin comentarios

O Comité de empresa das Pontes fixo público un comunicado no que quere mostrar o seu desacordo sobre o que está acontecendo co futuro dos empregados/as de Endesa da Central das Pontes e do Porto de Carbón de Ferrol, tras a petición feita por Endesa, a finais do 2019, para o peche da Central o 30 de xuño de 2021.

Explican que nuynha entrevista realizada a  José Bogas, conselleiro selegado de Endesa, este dixo “procuraremos que los traslados de nuestros empleados se minimicen” e “se realizará un gran esfuerzo en seguir manteniendo el entorno de As Pontes como zona puntera en Industria ”.

O membros do comité condideran esta delcaración “propaganda e declaración de intencións”. Afirman que en realidade a dirección da empresa está acelerando para esta central un proceso de recolocacións, no que a inmensa maioría das prazas vacantes (ó redor do 90% ou máis) están fóra da Comunidade Autónoma. “Esto demostra que a primeira afirmación anterior de José Bogas non é verdade posto que está claro que no caso das Pontes (que representa máis do 50% do persoal recolocable) a inmensa maioría dos empregados se van ter que trasladar. Non se pode vender que se inclúe ó persoal desta Central no proceso único para non quitarlles oportunidades. ¿Que tipo de oportunidade é só ofrecer prazas fora da Comunidade?”

Afirman tamén que a Empresa vende un esforzo de mantemento de emprego no entorno da central que non é real “xa que por un lado o Plan Eólico que ten previsto non é viable ata o ano 2024 (polos problemas lóxicos de tempos de adxudicacións e instalacións) e o tan ben vendido Futur-E (apertura a novas industrias nas localizacións a cerrar) que está practicando noutras localizacións con peches autorizados nin sequera se pode decir que esté iniciado. Esto indica que si a decisión de peche se materializa en xuño do ano 2021 non hai ningún tipo de alternativa de traballo na zona nin para persoal propio nin para os das auxiliares”.

O comité recalca que “estamos nunha situación de incerteza total, onde a Dirección da Central aproveita a realización das probas de biocombustibles para non aclarar nada, sen embargo o proceso de recolocacións segue en marcha. Ditas probas xa terían que estar rematadas, pero nunca é tarde se a dita é boa; constatouse que as probas preliminares, cunha mestura do 50% de carbón e 50% de biocombustible realizadas ata o momento, ofreceron bo resultado técnico e ambiental. E por iso queremos aproveitar para esixir a Endesa e ao Comité Técnico das probas con biocombustibles a continuación das mesmas, co fin de reducir ao máximo a porcentaxe de carbón ou mesmo eliminalo, pois non nos consta que isto se vaia a levar a cabo”.

“Descoñecemos se a combustión de biocombustibles ten cabida na etiqueta verde que se puxo Endesa, entendemos que así debe ser, o cal pode axudar ao proceso de Transición Xusta dos empregados/as da propia Endesa e das Empresas Contratistas, ante a espera doutros potenciais proxectos que Endesa ten pensado, como o Plan de Investimento renovable en Galicia”, continúan.

Queren facer constar que a situación desta central é completamente diferente á situación doutras nas que xa está aprobado o peche. “Non existe Transición Xusta si non hai un plan alternativo real que sustitúa e solape a industria e o emprego. No é posible que se esté sometendo ós traballadores a un proceso de adxudicación de prazas ás que non poderían ir ata dentro de meses (ou anos se a Central como todos esperamos non pecha o ano que ven). É algo insólito é que non pasou en ningún dos outros procesos”.

Afirman que As Pontes dispón de un nudo estratéxico en canto á oportunidade de dereitos de MW de conexión eólica, e atópase nunha zoa que é referente en canto a emprazamentos de alta calidade para a instalación de parques eólicos, amén de posibles repotenciacións de parques antigos. “Polo tanto non pode ser que a empresa utilice a baza de ser dona de un gran número de MW de conexión na zoa e que pretenda conservalos sen dar unha alternativa real, en definitiva, unha transición xusta que pasa pola aposta pola queima de biocombustibles. Ademáis iso daría solución a un problema, moi grave, é que está encima da mesa, que é a xestión de residuos”.

“Queremos deixar constancia da profesionalidade dos traballadores/as, que a pesar do tempo tan curto que tiveron para avaliar e solicitar vacantes dispoñibles, da sobrecarga de traballo con cambios múltiples de quenda para dar cumprimento á normativa e ás esixencias do servizo, debido ao persoal tan xusto que quedou por mor da saída de compañeiros por AVS no pasado 31 de xullo, da incerteza do futuro laboral e persoal, seguen aí esperando e desexando que a Transición sexa con cambios funcionais e mobilidade xeográfica que permita levar a conciliación laboral e familiar de forma non traumática.

Por último, dende este Comité, e de maneira pública, anque xa se estén facendo as xestións internas oportunas, queremos pedir ás administracións (alcaldes, Xunta, Ministerio de Transición…) que recollan a nosa petición e fagan presión ante Endesa para que aposte firmemente pola viabilidade da Central na queima de biocombustibles en non permita un peche prematuro da Central, que sen ningún plan alternativo a corto prazo, levaría a toda a Comarca de Ferroltera a unha espiral de paro e pérdida de poboación enorme”, conclúen.