Skip to main content
Actualidade

O Esteo FS pontés define o seu equipo para esta tempada

Por 20 Outubro, 2020Sin comentarios

O Esteo pontés de fútbol sala xa conta con 15 xogadores e novo adestrador, Abel Cernadas Fernández, que procede do FS Pontedeume cunha importante traxectoria.
Ás continuidades dos porteiros Javichu e Sergio Cal, dos xogadores de pista Héctor, Troncho, Cokito, Jhony, e o retorno de Bruno, confirmáronse oito novos xogadores.

Aitor Moreira Bergantiños, procedente del Transricard Distrito Ventorrill FS, convírtese na última incorporación do equipo para a tempada 2020/2021.

Ademais, apalabrouse a renovación do goleador Jacobo, e a fichaxe do gran Rubi, que retorna ao Esteo, e ás pistas, tras retirarse no Parrulo de Primeira División en 2019.
Coñecíase tamén o regreso do porteiro de Pontedeume Jesús Lourido, e a fichaxe de Alberto Piñeiro, futbolista procedente do Outeiro de Rei de Terceira División.
Por outra banda, tres xogadores xuvenís do club, Mario Torrente, Ismael Freire e Pablo Casal, farán a pretemporada co primeiro equipo.
A entidade presidida por Fran Fernández e Juan Rodríguez, xogará no subgrupo 1B, con outros nove equipos galegos, Cidade de Narón, O Parrulo B, Xove, Ventorrilo, Leis Pontevedra, Pizarras Tres Cuñados, Sala Ourense 2014, Ribeira e A Estrada, á espera de poder iniciar a competición o 24 de Outubro.