Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz mellora aparcadoiros no casco urbano

Por 12 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz, co apoio da Deputación de Lugo, está realizando obras para mellorar o estado de aparcamentos no casco urbano.

O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “o Concello de Foz comezou o asfaltado de varios estacionamentos do centro da vila grazas ao apoio do parque da maquinaria da Deputación de Lugo e do seu presidente José Tomé” e amósase “moi satisfeito polos traballos que se veñen desenvolvendo, proporcionando un firme axeitado a unhas amplas zonas de aparcamento moi usadas polas veciñas e veciños da vila. Os veciños estannos trasladando o seu agradecemento e é moi reconfortante saber que unha infraestrutura tan usada como estes estacionamentos van resultar moito máis cómodos para todos os usuarios, veciños e visitantes. As obras, xa comezadas, nesta ocasión corresponden aos aparcamentos da Sala Bahía, da Rúa do Pilar e ao da Costa do Castro, uns dos máis utilizados da vila”.

Os traballos foron supervisados por Fran Cajoto e polo concelleiro Javier Fraga.