Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comezaron as obras de aglomerado na parroquia de Covelas, Ribadeo

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo acomete estes días  obras de aglomerado na parroquia de Covelas, en barrios como Saa e Somo. O investimento, procedente de fondos propios, ascende a 58.400 euros.

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, explicou que “nestes días estamos traballando duramente na parroquia de Covelas, concretamente nos barrios de Saa e de Somo, facendo unhas labores de aglomerado asfáltico destes accesos a estes dous núcleos, pero ademais ao núcleo de Marelle que dá tamén acceso”.

O rexedor dixo que “estamos aglomerando e pintando posteriormente polas súas beiras, uns viais nunha distancia duns 1.100 metros, cun orzamento duns 58.400 euros de proxecto, que foi adxudicado en procedemento de licitación aberta á empresa Deymet, Desarrollos y Metas. Estes recursos proveñen estritamente de fondos propios municipais, o cen por cen son de fondos propios municipais”.