Skip to main content
ActualidadeMuras

Comezaron as obras da traída de auga á Balsa, Muras

Por 6 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras avanzou que xa comezaron as obras da traída de auga á Balsa, unha mellora que conta cun orzamento de 380.000 euros con caro ao Fondo de Compensación Ambiental.

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, explicou que “con esta obra completarase o servizo de auga da traída municipal a todas as parroquias, aínda que quedan pequenos puntos que se irirán solventando co tempo, pero o servizo quedaría deste xeito plenamente extendido”.

A obra contempla a construcción dun depósito de auga así como 17 quilómetros de tubaxe, ademais de todo o demais que leva como arquetas e outras actuacións en diversos puntos.

O obxectivo sería rematar a obra nun parzo de tres meses polo que no mes de outubro podería estar rematada a obra.