Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Mago Teto actuará este venres en San Martiño de Corbelle

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

Dentro do programa Xacobeo 20201, o centro sociocultural de San Martiño de Corbelle acollerá este venres, 2 de outubro, unha actuación do Mago Teto, que arrincará ás 21.00 horas.

Esta actuación, de carácter grautíto, ten o aforo limitado polo que será preciso anotarse antes das 16.00 horas do venres. Para facelo, hai que chamar ao teléfono 686 818 887.

O Mago Teto fará o seu espectáculo de rúa Alquimia.