Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza remata o acondicionamento de dúas novas rutas de sendeirismo

Por 8 Outubro, 2020Sin comentarios

O obradoiro de emprego rematou estes días o seu traballo na Pastoriza tralo parón ocasionado polo coronavirus. Deste modo deixaron rematado o traballo de acondicionamento de dúas novas rutas de sendeirismo nas parroquias de Bretoña e Rigueira. Segundo avanzou o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, as rutas quedaron “perfectamente limpas e sinalizadas a pasada semana e agora os rapaces marcharon xa para Riotorto, onde continuarán traballando”. O seguinte paso será oficialización das rutas “ao igual que fixemos coa ruta da auga. Así xa contamos con tres de senderismo”, explica.

A primeira das rutas é a de Maeloc, ubicada na parroquia de Bretoña que é de dificultade media e ten arredor dos 12 quilómetros. O principio está no paseo fluvial en Bretoña, xusto ao lado da carballeira onde se celebraban as festas de Lugnasad e transcorre un quilómetro e medio polo paseo fluvial del Bretoña, unha ruta de variada flora que conta tamén con algúns elementos etnográficos e despois ascende cara o alto de Campodoso, ata o lugar de Pena Gallada. Vai por pistas e camiños forestais e desde o punto onde remata en días claros o camiñante poderá ver Foz na lontananza e a costa e pola parte sur todo o val de Bretoña e a Terra Chá. Ao oeste vense gran parte das montañas de Fonsagrada ata Os Ancares. Ten un miradoiro excepcional. Os habituais explican que hai dúas formas de facer a ruta, en especial para principiantes, que consiste en facela en sentido descendente.

A segunda ruta acondicionada foi a Ruta da Mudia, na parorquia da Rigueira, de dificultade media-baixa e con 7 quilómetros de percorrido. Parte do lugar do Castelo, cunha moi variada paisaxe, atractiva, que ascende polo monte da Mudia, por pistas forestais ata o miradoiro do alto da Mudia, onde se pode contemplar toda a inmensidade da Terra Chá de cara ao sur. Cara ao norte están as zonas de transición e os límites cos concellos de Abadín, Mondoñedo. Cara ao leste tamén destacan as vistas das montañas veciñas.