Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade prepara a nova tempada de cursos 2020/2021

Por 7 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade prepara a nova tempada de cursos 2020/2021 que inclúe unha ampla variedade de actividades que serán de novembro a maio.

Así, o curso de faino ti mesmo ten un prezo de 42 euros, e impartirase na Escola do Calvario de Cazás os luns de 21 a 23 horas e dará comezo o 2 de novembro, na Casa Escola de Miraz os venres de 16 a 18 horas e comezará o día 6, e no Campo de Roupar os sábado en horario de 16 a 18 horas e comezará o día 7 de novembro.

O obradoiro de costura impartirase na Criba de Roupar o segundo e cuarto sábado de mes en horario de 16.30 a 19.30 e dará comezo o 14 de novembro. Tamén terá un prezo de 42 euros.

Xa por último, o curso de xabóns cosméticos e cremas será na Casa Escola de Candamil os sábados 7 e 14 de novembro de 16 a 18 horas. Este obradoiro ten un prezo de 15 euros.

As inscricións poden facerse do 14 ao 23 de outubro e a admisión será por orde de rexistro e para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 50 10 02.