Skip to main content
ActualidadeFoz

Comeza a nova recollida de plásticos agrícolas a domicilio en Foz

Por 2 Novembro, 2020Sin comentarios

plasticos fozEsta semana haberá nova recollida de plásticos agrícolas a domicilio no Concello de Foz.

Para darse de alta neste servizo haberá que chamar ao departamento de medio ambiente 982 133 159 en horario de 9.30 horas a 13.30 horas.

Para usar o servizo existen normas básicas, a primeira é que os plásticos depositaranse pregados e atados ou en sacos tipo bigbag de tal maneira que faciliten a recollida, e estarán limpos de herba e terra. Ademais, non se depositarán garrafas, rodas nin outro tipo de residuos e estarán colocados nun sitio accesible para a recollida co camión municipal