Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Os comercios de Ribadeo figurarán nunha guía web

Por 2 Novembro, 2020Sin comentarios

Os comercios de Ribadeo figurarán nunha guía webOs locais de Ribadeo contan cunha guía – páxina web que ten por obxectivo dar unha maior visibilidade aos negocios nun entorno tan influínte e divulgador como é internet. Cun só clic poderase coñecer a ampla oferta de establecementos este concello.

Segundo explican desde o Concello “trátase dunha guía que mostra diversa información acerca dos negocios ou empresas sitas en Ribadeo. Nela poderase consultar, por categorías ou tipoloxías, información de contacto, enlaces ás redes sociais ou á propia páxina web así como dirección ou horario dos establecementos do Concello. A páxina web inclúe un apartado de Compra online, no que figuran aquelas entidades que dispoñen de servizo para mercar ou contratar os seus produtos de forma online sen necesidade de desprazarse”.

Esta iniciativa tenta pór en valor a economía local potenciando un consumo de proximidade e trato personalizado, fomentando deste xeito, a dinamización e mantemento dos negocios da localidade, tarefa esencial e moi necesaria nestes tempos da covid-19. Tamén tenta achegar as compras ou contratación de servizos online de Ribadeo á cidadanía, xerando economía local.

Aqueles negocios ou entidades que non figuren na guía poderán solicitar a súa inscrición mediante a cumprimentación dun formulario e declaración responsable que se atopan dentro do apartado Comunicacións.

Así mesmo, se algún negocio quere modificar ou darse de baixa da guía pode facelo na mesma pestana. Este servizo é totalmente gratuíto tanto para os establecementos que desexen figurar na páxina como para as persoas que accedan á súa información. A guía está dispoñible na páxina web https://guiacomercial.ribadeo.gal para a súa consulta”.