Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada recoñece a traxectoria academica de Ana Alvarez Rodríguez

Por 3 Novembro, 2020Sin comentarios

Trabada recoñece a traxectoria academica de Ana Alvarez RodríguezA alcaldesa de Trabada, Mayra García destacou nun acto no Concello os bos resultados académicos da moza homenaxeada, á que definiu un orgullo para Trabada.

“Esta traxectoria é froito do traballo e do esforzo persoal e familiar”, dixo a alcaldesa, a que tamén felicitou polos éxitos acadados e trasladoulle a súa noraboa en nome do Concello pola súa meritoria traxectoria, suficientemente acreditada.

“É un recoñecemento na casa, dun xeito sinxelo, humilde e dende o cariño e o afecto que cremos necesario facer por varias razóns: en primeiro lugar, polo orgullo que supón para Trabada, en segundo lugar, porque queremos que a súa traxectoria sirva de exemplo para os rapaces que a día de hoxe se están formando. E por último, por poñer en valor os servizos educativos públicos, que son fundamentais para o desenvolvemento como persoas, xa que a educación e a arma máis poderosa para facer fronte ás desigualdades”, dixo a rexedero trabadense.

Ana Álvarez Rodríguez. 

Enxeñeira química, máster en enxeñería enerxética especialista en simulación numérica con ANSYS Fluent e doutora en enxeñería química, ambiental e bioalimentaria.

En outubro de 2007 comecei os meus estudos de Enxeñería Química na Universidade de Oviedo. Especialiceime en enxeñería de procesos, gocei dunha bolsa de colaboración no departamento de Enxeñería Química a partir da cal realicei a miña tesina que obtivo o Premio Extraordinario concedido polo Reitor.

En 2013 obtiven o título de máster en Enxeñería Enerxética (premio mellor TFM de investigación concedido por ENCE) da Universidade de Oviedo e posteriormente obtiven unha bolsa de o programa Severo Ochoa para realización da Tese Doutoral na Universidade de Oviedo.

En 2015 e no seo desta mesma bolsa, conseguín financiamento para realizar unha estancia de investigación co profesor Mohamed Pourkashanian, director do Grupo Energy 2050 na sede que ten este grupo de investigación na Universidade de Sheffield (Reino Unido) e xa na última etapa da Tese realicei un moi breve estancia e unha colaboración co Grupo de Tecnoloxía Enerxética da Universidade de Vigo.

Durante a realización do doutoramento, ademais dos labores de investigación, dirixín Traballos Fin de Grao de Investigación de forma exitosa que recibiron premios ou foron presentados en congresos internacionais e/ou publicados en revistas especializadas e impartín clases de laboratorio e de problemas en distintos graos (Enxeñería Civil, Enxeñería Química Industrial e Enxeñería Química).

Recentemente, a tese doutoral obtén o Premio Tese Hunosa 2019 e está proposta para o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Ademais, tamén continuei a miña formación cun título propio da Universidade Politécnica de Madrid de especialista en simulación numérica con  ANSYS Fluent en procesos multifase con o obxectivo de afrontar a última parte da Tese Doutoral.

Posteriormente, dei o salto a industria, comezando esta nova etapa no departamento técnico de Termocalor Vigo, S.L., unha empresa instaladora e mantedora industrial, como responsable da área de enerxías renovables e gas natural. Recentemente, iniciei un novo proxecto profesional en Acciona, S.A. como Responsable Química na Planta de Biomasa de Cubillos del Sil (León).