Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Por mor do confinamento, o Taller de Memoria de Lourenzá será nas casas

Por 4 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Lourenzá vén de comunciar que tralo estado de alarma ocasionado pola pandemia, o Taller de Memoria cambia de modalidade e agora será Taller de Memoria na casa.

Así, o prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas en participar.

Para realizar dita inscrición hai que achegarse ata o Centro Social Torreón dos Frades en horario de 9 a 13 horas ou poñerse en contacto coa educadora chamando ao 982 121 036.