Skip to main content
ActualidadeCervo

O cervense Francisco Fraga cumpriu 103 anos

Por 3 Novembro, 2020Sin comentarios

O cervense Francisco Fraga cumpriu 103 anosO veciño de Cervo, Francisco Fraga, Paco, vén de cumprir 103 anos. Un día no que o rexedor, Alfonso Villares, achegouse ata a parroquia de Rúa, para felicitar ao “avó de Cervo”.

“É un enorme pracer poder compartir un ano máis uns intres con Paco que sempre nos sorprende con historias e anécdotas que transmite cun entusiasmo que contaxia”, precisou o rexedor cervense. “Parabéns a toda a súa familia tamén por poder seguir acumulando momentos tan especiais xuntos”, engadiu.