Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Arrancan en Mondoñedo os traballos de aglomerado da estrada de Lindín

Por 4 Novembro, 2020Sin comentarios

Arrancan en Mondoñedo os traballos de aglomerado da estrada de LindínO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que este martes arrancaron os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-3103, en Mondoñedo, unhas obras que forman parte do proxecto de rehabilitación do firme da vía entre os quilómetros 7,3 e 8,1, no que a institución provincial inviste preto de 30.000 euros.

A LU-P-3103 é a que une a parroquia de Lindín coa de Santa María Maior e que dá acceso á LU-124 e ao ramal ao Campo do Castro. Esta vía é utilizada pola veciñanza da contorna para desprazarse aos distintos núcleos de poboación, tamén polos que teñen gando nesta zona e os empregados das empresas eólicas asentadas neste territorio.

Estímase que os traballos queden rematados esta semana, se as condicións meteorolóxicas son favorables.