Skip to main content
ActualidadeCultura AMARIÑAXARibadeo

A danza chega a Ribadeo

Por 5 Novembro, 2020Sin comentarios

A compañía Elahood ofrecerá unha función en RibadeoA Concellaría de Cultura promociona a danza contemporánea para o público xeral e para o alumnado da súa Escola Municipal de Música e Danza. Será este domingo, 8 de novembro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal. Sabela Domínguez e Julia Laport, da compañía Elahood, ofrecerán unha función para todos os públicos. A edil Pilar Otero anima á veciñanza a acudir a esta cita.

A concelleira de Cultura declarou que “a pesar de como condiciona a nosa vida a pandemia, e dado que o sector do lecer cultural revélase como dos máis seguros, a Concellería de Cultura de Ribadeo segue cunha programación que se mantén case nos niveis precovid. Así mantén o compromiso que a principios deste ano contraera co colectivo Cara A Unha Escea Plural que, baixo o patrocinio de Agadic, busca que a danza contemporánea teña un lugar fixo nas programacións culturais anuais. A cambio da programación de espectáculos de danza por parte dos Concellos adheridos, entre os que se atopa Ribadeo, impartirase unha clase didáctica de acompañamento da obra elixida, neste caso A soidade de Wally da compañía Elahood. A masterclass será impartida polas bailarinas Sabela Domínguez e Julia Laport, este sábado, día 7 de novembro, ás once da mañá no Auditorio Municipal e está dirixida ao alumnado de maior idade de Área de Danza da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A función para todos os públicos terá lugar tamén no Auditorio Municipal o domingo, 8 de novembro, ás cinco e media da tarde”.