Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

Enrique Penabad será fillo adoptivo do Valadouro

Por 6 Novembro, 2020Sin comentarios

Enrique Penabad será fillo adoptivo do ValadouroNa Sesión Plenaria celebrada no día de onte no Concello do Valadouro, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade, a proposta do equipo de Goberno, iniciar o expediente para nomear como fillo adoptivo do Valadouro a Enrique Penabad.

Enrique Penabad foi director durante 35 anos no Ceip Santa María, deixando unha gran pegada no recordo dos seus alumnos, a súa implicación na vida do municipio sempre foi máis aló das aulas implicándose tamén na actividade cultural e deportiva.