Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Soben os casos activos pero baixan os novos contaxios

Por 10 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A situación do coronavirus na provincia parece estar máis controlada que fai uns días e malia que volveron aumentar os casos activos, con 32 máis malia que os novos contaxios suman 42, unha cifra inferior á rexistrada en días pasados. Outra das consecuencias do aumento de casos activos foi o feito de que só se sumaron 19 altas.

Deste xeito, xa son 1.148 os casos activos na provincia, 3.782 os curados e 5.034 o balance total da incidencia da enfermidade. Tamén son 105 as persoas que perderon a vida, unha máis dende onte.

Segue aumentando a presión hospitalaria e xa son 63, catro deles ha UCI, a mesma cantidade que onte. No HUla segue a ter 33 persoas ingresadas, 19 están na Mariña e 7 en Monforte. O crecemento dos ingresos foi nestes dous centtros, na costa dous e no sur catro máis.

No mapa de alertas, só se produce un cambio, Burela, deixa de estara en alerta vermella e pasa a laranxa e As Pontes volve á normalidade mentres o resto seguen igual. Lugo, Cervo, Viveiro e Chantada segen en vermello, Monforte e Sarria, en laranxa en no nivel amarelo están Monterroso, Carballedo, Outeiro de Rei, Palas, Guntín, O Corgo, Castroverde, Foz e Valadouro.

GALICIA

A situación en Galicia mellora por terceiro día consecutivo ao reducir os casos activos ao rebaixar o número de casos novos por covid-19, que foron 383. Tamén conseguiu estabilizar o número de ingresados en UCI, con 95 persoas, unha máis que o día anterior.

Deste xeito, o Sergas informa que son 9.952 os pacientes con infección activa, 63 menos que no anterior reconto.

O número de falecidos, tras os 21 comunicados na tarde de onte, entre os que se actualizaron as cifras da fin de semana, supera os mil desde o inicio da pandemia, ata os 1.009.

Por outra bnada, nos hospitais galegos hai 514 persoas ingresadas en planta (3 máis); mentres que na UCI hai 95, cinco pacientes máis que os rexistrados onte luns, un máis, polo que a presión asistencial parece estabilizarse. As persoas que se curaron suman 31.573, 425 máis.

A Coruña e Lugo experimentan lixeiros ascensos nos casos activos, con 21 e 32, respectivamente, mentres que descenden nas outras cinco zonas.

Os casos novos aumentan lixeiramente en Ourense e de forma moderada en Vigo. No resto de áreas o aumento de casos novos é inferior ao día anterior.

Ademais, hai 43 municipios en alerta vermella pola incidencia acumulada de contagios no últimos sete días, o mesmo número que o luns e entre os que xa non están nin Santiago nin Ourense, dous das sete principais cidades cuxas áreas seguen suxeitas a restricións de mobilidade e de actividade.