Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

Piden á Deputación a reparación da estrada na praia de Xilloi no Vicedo

Por 10 Novembro, 2020Sin comentarios

Piden á Deputación a reparación da estrada na praia de Xilloi no VicedoO grupo provincial popular solicita ao presidente da Deputación que, canto antes, dea as instrucións oportunas para reparar o acceso á praia de Xilloi en O Vicedo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “No día de hoxe visitamos a estrada provincial LU-P-6405 co alcalde do Vicedo, Jesús Novo;  esta estrada  da acceso a praia de Xilloi, que, como é sabido, leva moitos anos tendo bandeira azul e é unha das referencias turísticas do Concello do Vicedo. Está en moi mal estado nun tramo largo, con fochancas de gran tamaño”.

Castiñeira di: “Esta estrada necesita unha reparación. Nestes últimos tempos estamos a ver  que se amañaron vías provinciais que van as praias, pero queda este anaco aquí no Vicedo e pedimos ao presidente da Deputación que acometa as obras o antes posible. Hai que lembrar que o Concello do Vicedo foi galardoado hai pouco tempo cun premio turístico por parte da Deputación”.

Engade o portavoz popular: “Pedimos ao presidente da Deputación que canto antes acometa a reparación desta estrada porque é necesaria para manter ao Concello do Vicedo como referencia turística da Mariña”.