Skip to main content
ActualidadeViveiro

Servizos sociais de Viveiro e Cruz Vermella fixeron entrega de alimentos ás familias

Por 11 Novembro, 2020Sin comentarios

Servizos sociais de Viveiro e Cruz Vermella fixeron entrega de alimentos ás familiasServizos Sociais do Concello de Viveiro, coa colaboración da Cruz Vermella, realizará mañá unha nova entrega de alimentos ás familias do municipio que se atopan nunha situación máis vulnerable. Este reparto de alimentos vén facéndose dende sempre, véndose incrementado dende o inicio da pandemia da COVID-19.

Esta semana, sumaranse ao reparto os alimentos doados pola Peña Cicista Lar e o Supermercado Gadis, que foron entregados ao concello no día de hoxe, nun acto ao que asistiu, en representación municipal, a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

A Peña Ciclista Lar sempre organizaba en setembro a Marcha Cicloturista Concello de Viveiro; este ano, como consecuencia da pandemia da COVID-19, fíxose de maneira virtual e, cos cartos das inscripcións das persoas anotadas para participar, decidiron donar eses cartos para facer unha compra e entregala ao Banco de Alimentos para, deste xeito, axudar ás persoas que máis o necesitan.

O Supermercado Gadis, que adoitaba colaborar coa marcha doando comida e bebida para o avituallamento, tamén se sumou a esta iniciativa coa entrega alimentos para esta causa.

Dende o goberno municipal quérese agradecer a Peña Ciclista Lar e a Gadis esta iniciativa e a aportación realizada, que se suma as doazóns que se veñen recibindo ao longo dos últimos meses por parte de asociacións, empresas e particulares para axudar ás familias que máis o necesitan.