Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa amosaron o seu apoio ao sector hostaleiro

Por 12 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Os traballadores de Alcoa amosaron o seu apoio ao sector hostaleiro O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao estivo amosando o seu apoio ao sector hostaleiro na concentración que estaba programada para hoxe xoves 12.

Esta concentración fíxose diante dos concellos das difrentes localidades de toda a provincia lucense, e contou cun amplo apoio de veciños e traballadores.

 

SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprende e comparte a preocupación dos hostaleiros da provincia polo prexuizo económico que lle ocasiona ao sector o peche de locais de hostalería decidido pola Xunta para tratar de frear a expansión do coronavirus. A subdelegada recibiu esta mañá a una representación do colectivo de hostaleiros, encabezada polo presidente da APEHL, Cheché Real, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, que lle trasladaron as demandas do sector para paliar as perdas que lles ocasiona o peche dos seus negocios.

Isabel Rodríguez recolleu as súas peticións e lembroulles que o peche de locais de hostalería foi imposta pola Xunta de Galicia.
En todo caso, a subdelegada, que xa mantivo varias reunións nas últimas semanas coa asociación de hostaleiros da provincia, destacou que desde o pasado mes de marzo o Goberno adoptou numerosas medidas de apoio aos distintos sectores afectados pola crise orixinada pola pandemia, como poden ser os ERTEs, as axudas a persoas autónomas ou unha liña de avais do ICO.

Esta mesma semana, o Ministerio de Inclusión e Seguridade Social anunciou a flexibilización dos re    quisitos para o acceso dos hostaleiros á prestación extraordinaria por suspensión de actividade destinada aos traballadores autónomos.

Deste xeito, os hostaleiros que non realicen servizo a domicilio ou de recollida en local poderán presentar unha declaración responsable para acceder a esta prestación. O importe da prestación oscila entre o 50% e o 90% da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desenvolvida. Ademais, queda exonerado de pagar as cotas pero o período cóntalle como cotizado.

Ademais, os traballadores autónomos, tanto se realizan actividade a domicilio como se non, poden solicitar a prestación compatible coa actividade se rexistran unha caída de facturación do 75% respecto ao último trimestre do ano pasado ou do 50% en relación co primeiro trimestre de 2020.

Ademais, a subdelegada informou aos representantes do sector da hostalería de que o Goberno traballa nun plan de apoio á hostalería consensuado coas comunidades autónomas e a FEMP, así como noutras medidas como a ampliación dos períodos de carencia e de amortización dos créditos ICO.