Skip to main content
ActualidadeBurela

A biblioteca de Burela abre o prazo do Certame de Postais de Nadal 2020

Por 13 Novembro, 2020Sin comentarios

A biblioteca municipal de Burela, ven de abrir o prazo de presentación do Certame de Postais de Nadal 2020.

Como en edicións anteriores está aberto a todos os nenos e nenas do Concello en idade escolar. A técnica libre e o tamaño aproximado das postais será de 15×21 cm, pechada e 30×21 cm aberta.

Establécense tres premios por cada unha das categorías Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria.

Os traballos enviaranse sen asinar acompañados dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor/a, teléfono , centro de estudo, curso e idade.

O prazo de  entrega das postais, rematará o vindeiro, 14 de decembro ás 20:00 horas, entregaranse no andar baixo da Biblioteca Pública de Burela.

Os traballos serán expostos ao público na sala de arte da casa da cultura desde o 21 de decembro ata o 15 de xaneiro, o seu horario de visitas será de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.