Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXACervo

A pelexa por Alcoa segue no TSXG e continúan as mobilizacións

Por 13 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A pelexa por Alcoa segue no TSXG e continúan as mobilizacións A pelexa por Alcoa segue no TSXG e continúan as mobilizaciónsUn grupo de traballadores de Alcoa participou este venres nun acto simbólico #ante a delegación de Facenda en Foz. Con lemas como A Mariña sálvase loitando ou Peches non, enerxía solución, volveron esixir unha solución para a crise que atravesa a factoría cervense.

Unha representación do comité de empresa entregou un documento no que mostran os efectos que tería o peche de Aluminio, que, segundo lembraron supón o 30% do PIB da provincia, uns 2.100 millóns de euros.

Os traballadores xa saben que o próximo 3 de decembro terá lugar a vista na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidirá se o despedimento colectivo que a multinacional estadounidense pretende aplicar a 524 traballadores da planta de aluminio é nulo ou non. Desde o comité celebraron a “celeridade” coa que o TSXG fixou a data para o xuízo.

RECURSOS

Por outra banda, a Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu o recurso de reposición presentado por Alcoa contra o auto do citado tribunal no que admite en parte as medidas cautelares solicitadas polo comité de empresa co obxectivo de que a multinacional non apague as cubas de electrolisis mentres non haxa unha decisión xudicial en firme sobre o despedimento colectivo.

Ábrese agora un prazo de cinco días para que a outra parte, é dicir, a representación dos traballadores apoiada polo Ministerio de Industria e a Xunta, presente alegacións.

Doutra banda, a Sala do social de TSXG desestimou o recurso de casación ordinario presentado pola empresa contra o auto de medidas cautelares por non ser a citada sala do órgano xudicial ao que lle compete resolver o recurso.