Skip to main content
ActualidadeAlfoz

O Concello de Alfoz xa é un espazo cardioprotexido

Por 14 Novembro, 2020Sin comentarios

o Concello de Alfoz xa é un espazo cardioprotexidoDesde esta semana o Concello de Alfoz xa é un espazo cardioprotexido.

Recentemente adquiriuse un desfibrilador semiautomático e esta semana recibiron a correspondente formación para o seu uso o persoal dos diferentes departamentos do Concello, así como o conserxe do Ceip Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, o concelleiro de xuventude e deporte, asociacións e festas César Marrube, o presidente o CD Alfoz, Jacobo Val e a presidenta do AC Río Ouro, Pilar Fernández.

O DESA, que está na Casa do Concello, conta cunha mochila para facilitar o seu transporte seguro a calquera lugar no que se considere necesario.