Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Convoca o V Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 14 Novembro, 2020Sin comentarios

Convoca o V Concurso de Fotografía 'O Mellor Recuncho de Mondoñedo'O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o V Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta” que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2021 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexenparticipar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo e familiares de 1º e 2º grao ascendentes e descendentes das persoas que integreno xurado así como as súas respectivas parellas.

Cada participante poderá presentar só unha foto ao concurso. As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo decorreo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto ¿Concurso Fotografía2020¿. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfonode contacto.

O prazo de presentación de orixinais comeza coa publicación destasbases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo e remata o día 29 de novembro do 2020, incluído este día.

Establécese tres premios consistentes en diverso material cultural do Concello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

Pódense consultar as bases nesta ligazón.