Skip to main content
ActualidadeFoz

A Uned de Foz acolle un curso de fotografía de produto

Por 16 Novembro, 2020Sin comentarios

A Uned de Foz acolle un curso de fotografía de produtoA Uned de Foz acolle un curso de fotografía de produto que se desenvolverá do 23 ao 26 de novembro en horario de 20 a 22:30 horas.

O curso leva por nome Iniciación á fotografía do produto e Photoshop e será presencial para os asociados do ACIA de Foz. Así mesmo, contará con aforo máximo de 10 persoas e tamén poderá seguirse en online en directo e diferido para público en xeral.

Para máis información haberá que escribir a foz@lugo.uned.es ou chamar aos teléfonos 982 133 699 e 604 034 549.