Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Conclúe sen novidades a mesa multilateral de Alcoa

Por 16 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Conclúe sen novidades a mesa multilateral de AlcoaHoxe celebrouse unha nova reunión da mesa multilateral de Alcoa na que non houbo novidades. Así, neste encontro de seguemento vía telemático non houbo brazos cambios de postura xa que Alcoa mantivo o mesmo posicionamento que dende o principio.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, “o Ministerio de Industria fixo hoxe unha proposta a Alcoa para que se sente a negociar punto por punto para buscar unha solución, pero “Alcoa segue dicindo que non cambiou nada o escenario neste tempo”.

Dende o comité de empresa piden “que nos declaren sector estratéxico e que así se poida iniciar un expediente de expropiación ou intervención da empresa. Porque Alcoa non da visos de recuar, o Goberno fixo un último ofrecemento para que dende hoxe ao 3 de decembro, día do xuízo, seguirán coa man tendida para negociar”.

“Nos cremos que Alcoa debe aceptalo e senón mandará a toda a Mariña a un xuízo”, engade Zan, “Alcoa está a perder diñeiro, ten retencións de material debido á folga, e non podemos depender dun fallo xudicial”, conclúe Zan.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixou para o vindeiro xoves 3 de decembro o xuízo pola demanda contra o despedimento colectivo dos traballadores de Alcoa San Cibrao. De executarse o despedimento afectaría a 524 traballadores da planta de aluminio.

MINISTERIO DE INDUSTRIA

No transcurso da Mesa Multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao, celebrada esta tarde por vía telemática, o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, avanzou que o Ministerio de Industria enviou á empresa trámite de alegacións previo á posible denegación de axudas correspondente ao exercicio 2020. “A raíz do xuízo sobre medidas cautelares recentemente celebrado, constatamos que Alcoa ten intención de pechar total ou parcialmente a planta, o que podería ser incompatible coa recepción de axudas das administracións”, sinalou Blanco.

O secretario xeral ha insistido en que tanto o Goberno como a Xunta de Galicia e os representantes sindicais continúan abertos á negociación e instan a Alcoa a que se volva a sentar para pactar unha venda negociada. “Cremos que hai unha alternativa ao peche e estamos abertos a escoitar, pero necesitamos a concorrencia da empresa, xa que a súa cerrazón leva a unha situación cruel para traballadores e as súas familias e con impactos que van máis aló da industria lucense, afectando a outras industrias nacionais”, engadiu Blanco, que ofreceu volver estudar os puntos discordantes que manifestou Alcoa, abrindo totalmente a negociación punto por punto antes do 3 de decembro, data na que se xulgará o ERE presentado pola empresa.

Por último, Raül Blanco lembrou o “éxito sen precedentes” para os traballadores da planta de Alcoa o auto da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o pasado 4 de novembro ordenou manter a actividade das cubas en Alcoa, “é un bo precedente que permite manter activa a planta e preservar os postos de traballo, unha posición que sempre defendeu o Goberno de España desde o inicio do conflito laboral”.