Skip to main content
ActualidadeCervo

O Club Medela MTB de Cervo recibiu unha achega por parte do Concello

Por 21 Novembro, 2020Sin comentarios

O Club Medela MTB de Cervo recibiu unha achega por parte do ConcelloO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro co presidente do Club Medela MTB, David Riera, no que, ademais de abordar diversos temas relativos á actividade altruísta que desenvolve o club, fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 2.200 euros, para contribuír cos gastos de funcionamento da entidade; “sabedores do esforzo que supón sacar adiante aquelas actividades que vos propoñedes e que tanto axudan a dinamizar e a dar vida ao noso pobo”.

Villares quixo agradecerlle unha vez máis o gran labor que desenvolven desde o Club en prol do fomento da actividade deportiva, neste caso do ciclismo, inculcando hábitos saudables desde as idades máis temperás; e tamén en favor da promoción do noso termo municipal como un escenario de referencia do Enduro, a raíz da Ruta Medela que programan cada ano en Cervo, con gran éxito de participación froito dunha organización que sempre está a altura, que coida cada detalle.

É un traballo que consideramos primordial e necesario para o noso Concello -engade- e que “cremos necesario e xusto poñer en valor, máxime nestes tempos nos que vemos limitadas as nosas rutinas habituais a raíz da pandemia que vivimos; e polo tanto tamén as actividades e as reunións deportivas”.