Skip to main content
ActualidadeCervo

A rehabilitación do Ceip de Cervo permite aforrar máis dun 80% en consumo enerxético

Por 25 Novembro, 2020Sin comentarios

A rehabilitación do Ceip de Cervo permite aforrar máis dun 80% en consumo enerxético

O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, supervisaron este mediodía a actuación de mellora integral das instalacións do CEIP de Cervo, en compañía do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, do director do centro, Manuel Martínez e da Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde; que supuxeron un investimento da Xunta de Galicia próximo ao millón de euros.

Villares quixo agradecerlle á Administración autonómica “a súa resposta inmediata ás demandas municipais”, priorizando esta actuación en Cervo entre máis de 1000 centros de ensinanza de toda a comunidade; “xa que o noso CEIP foi un dos 22 colexios rehabilitados pola Xunta ao amparo dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros”; polo tanto –engadiu o rexedor- “non podemos máis que reiterar o noso agradecemento e considerarnos uns privilexiados” por poder contar hoxe, grazas a esa gran mobilización de cartos públicos, “cun centro moderno e completamente renovado”, o que garante tamén a continuidade no futuro deste colexio, cuxa inauguración data do ano 1983.

A obra de renovación integral supuxo actuacións na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorouse o illamento das fachadas e executáronse traballos de albanelería; substituíronse as luminarias existentes por outras de baixo consumo e tecnoloxía LED. Ademais, realizáronse traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén contemplou a instalación dun ascensor (ata o de agora non había) co que se incidiu na mellora da accesibilidade, e  reformas na instalación de climatización e a renovación dos aseos (pavimento antiescorregadizo con baldosa porcelánica, billas e aparatos); entre outras actuacións.