Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

As cores do Ría de Foz percorrerán esta tempada a capital do Estado

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

As cores do Ría de Foz percorrerán esta tempada a capital do EstadoO Club de atlestismo Ría de Foz vén de comunicar unha nova incorporación, o atleta Santiago Piriz Lara, un mediofondista moi novo en idade pero cun brillante presente e un prometedor percorrido.

Deste xeito, con esta nova alta, “as cores e o nome do club deixaranse notar polas pistas e rutas da capital española”, din dende o Ría de Foz, xa que é nado en Madrid.

As súas marcas persoais son a mellor carta de presentación pois conta cun tempo de 1:53 minutos en 800, 9º de España sub 23; 3:56 minutos en 1500 sendo 7º de España sub 23; e 8:39 minutos en 3000 acadando o 10º posto de España sub 23.

“O noso nome, a nosa vila e as nosas cores contarán, desde esta tempada, cun perfecto embaixador por terras madrileñas. Moito ollo a este nome, que dará moito que falar”, remataron dicindo dende o club focego.