Skip to main content
ActualidadeBurela

O Cim de Burela organiza o XIII Concurso de Microrrelatos

Por 26 Novembro, 2020Sin comentarios

O Cim de Burela organiza o XIII Concurso de MicrorrelatosO Cim do Concello de Burela organiza o XIII Concurso de Microrrelatos polo Día Internacional para a eliminacion da violencia contra as mulleres.

Poderán participar no concurso calquera persoa e a temática será a elminación da violecia contra as mulleres e a promoción da igualdade.

Os traballos presentaranse en A4 cunha extensión de medio folio nas oficinas do CIM antes do 5 de decembro ás 14.00 horas.

O xurado estará composto por persoas do mundo da cultura e das letras, así como, persoal do Concello e do CIM e o fallo darase a coñecer antes do 22 decembro.

Haberá premios para dúas categorías e a entrega de premios farase nun acto público aínda por determinar.