Skip to main content
ActualidadeViveiro

O sábado o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá unha obra de teatro

Por 27 Novembro, 2020Sin comentarios

O sábado o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá unha obra de teatroO sábado 28 de novembro ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz haberá unha obra de teatro.

Esta obra, baixo o título Carabela, está orientada a un público infantil de a partir de 3 anos, e a obra trata sobre Carabela, cociñeira dun barco, naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.