Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Mondoñedo, A Pontenova e Riotorto poñen en marcha unha ruta btt

Por 28 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Mondoñedo, A Pontenova e Riotorto poñen en marcha unha ruta btt (2)Os concellos de Mondoñedo, A Pontenova e Riotorto, veñen de poñer en marchar a ruta btt de longo percorrido vencellada aos oficios tradicionais que une a estes tres concellos nunha distancia de máis de 190 km.; e que tamén se reparten en cinco rutas parciais que unen as capitalidades municipais.

Tendo en conta que é un proxecto participativo e no que se vai contar con toda a xente que se queira involucrar e mellorar os actuais trazados e realizar propostas de futuro habilítase un mail de comunicación que é btt.mondo.munid@gmail.com para facer o feedback ao proxecto unha vez presentado.

Pódese consultar a ruta completa e os trazados parciais dispoñibles ao público actualmente: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=7663296

Neste proxecto desenvolveuse unha ruta para bicicletas de montaña de longo percorrido na que se priorizou o emprego de pistas sen asfaltar de titularidade municipal coa finalidade de promover esta ruta para outras actividades deportivas e/ou culturais que poñan en valor o carácter montañoso dos Concellos e os seus valores naturais e culturais que se poderán coñecer nos máis de 190 quilómetros que conta esta ruta.

O proxecto seguirá evolucionando ao longo dos anos seguintes con numerosas actividades e melloras a esta ruta que pretende ser un referente do BTT a nivel interautonómico, posto que se está a traballar co Concello de Taramundi para unir ambos territorios mediante un trazado común.

O obxectivo final do proxecto é seguir poñendo en valor o patrimonio identificado e que se poderá descubrir ao longo do trazado previsto, fomentando o coñecemento e novas experiencias para os visitantes, na busca de que regresen en numerosas ocasións ao territorio.

Os paneis existentes nos concellos, ademais doutros lugares significativos e nas webs que promocionen o turismo municipal, disporán de acceso aos arquivos GPX para a súa descarga, así como códigos QR co enlace á ruta de longo percorrido, pero tamén a outras rutas parciais que permitirán facer tramos de menor percorrido dirixidos a ciclistas con menos tempo, menos profesionais, ou que queiran segmentar o trazado completo para coñecer mellor o territorio, o que non nos cabe dúbida que sucederá unha vez vaian descubrindo todos os tesouros que esconden estes concellos.