Skip to main content
ActualidadeAlfoz

O Concello de Alfoz prepara para decembro diferentes actividades

Por 30 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Alfoz prepara para decembro diferentes actividadesO Concello de Alfoz prepara para decembro diferentes actividades, desde teatro a talleres variados.

Así, o xoves día 3 na biblioteca de 18 a 19 horas, haberá un Taller de libros electrónicos. Para coñecer os diferentes lectores así como os tipos de arquivos máis frecuentes dos libros, programas para convertir os arquivos, páxinas de descargas gratuítas, libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia, etc. É unha actividade gratuíta sen inscrición previa.

O luns 7 na biblioteca en horario de 10.30 a 13.00 horas será a actividade Arte na biblioteca, para que os nenos de 3 a 12 anos coñezan a sección de arte da biblioteca e saber por qué Picasso pintaba esas mulleres “tan raras” a través de obradoiros creativos, xogos, obradoiros didácticos, etc. Será unha actividade gratuíta para grupos reducidos e con previa inscrición antes do comenzo.
O Teatro afeccionado chegará da man do Grupo Curuxán Teatro Impro coa obra Improvincia o domingo 6 ás 19.00 horas e o Grupo Os Baluros representará o venres 18 ás 20.00 horas a obra Menciñeiro á forza, ambas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz.
O venres 11, de 16.30 a 18.30 horas comenzan as visitas didácticas para coñecer o patrimonio artístico de Alfoz no Castelo de Castro de Ouro e na Igrexa de San Salvador. Estas, están organizadas pola Concellalía de Turismo e incluída no Plan Único da Deputación Provincial e son unha oportunidade única de desfrutar aprendendo da man de Dolores Barral, profesora de Arte na Universidade da Coruña. É unha actividade gratuíta e con inscrición previa.

Xa o sábado 19 de decembro volverá o teatro pero nesta ocasión de monicreques. Estará a cargo de A Xanela de Maxín e a súa obra O apalpador e a nena sen medo, e será ás 19.00 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz. Haberá aforo limitado a 50 persoas e a entrada é gratuíta.

Por último, o luns 28 de decembro, de 10.30 a 13.00 horas, será a actividade Nadal na biblioteca, para nenos de 3 a 12 anos. Así, haberá contacontos con música e pictogramas, manualidades, e xogos de pistas. É unha activiade para grupos reducidos e con previa inscrición antes do comezo.

Para anotarse a todas as actividades ou pedir máis información será necesario consultar a web do concello www.concellodealfoz.com ou chamar ao teléfono 982 558 001.