Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O Hospital da Mariña sofre a perda doutro servizo máis

Por 30 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Hospital da Mariña sofre a perda doutro servizo máisO Hospital da Mariña está a sofrir unha nova merma nos servizos ao quedar sen un dos especialistas da área de cardioloxía. “Desde o mes de setembro, despois de que un dos cardiólogos solicitara una excedencia, o hospital atópase cun facultativo menos, pois ate o momento non foi substituído”, din dende a Plataforma Sanitaria.

Esta plataforma ven de coñecer e contrastar a ausencia de  substitución do facultativo, polo que se “constata unha vez máis a sangría de servizos que paulatinamente ven sufrindo este centro desde hai anos, e que se agrava desde eliminación da área sanitaria, como vimos predecindo desde entón”, din. “Cremos desde o colectivo, que este novo golpe para a saúde de mariñás e mariñaos provocará agardas para realización de probas diagnósticas, consultas de revisión imprescindibles e primeiras consultas para diagnosticar, inasumibles e vergoñentas,  que multiplicarán as que xa había ata agora e que foron denunciadas polo colectivo en numerosas ocasións”.

O portavoz da plataforma, Víctor Vila apunta que cada día que pasa a poboación da Mariña vai perdendo servizos esenciais para unha asistencia sanitaria digna e próxima e apela á xerencia do centro a que se poña a traballar na dotación axeitada de profesionais e servizos en vez de “secundar servilmente as decisións políticas da Xunta para darlle o tiro de gracia á sanidade pública desta comarca”.