Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Uned de Lugo crece un 20% en matrículas

Por 15 Novembro, 2020Sin comentarios

A Uned de Lugo experimentou un crecemento do 20% en matrícula de ensinanzas regradas. Medrando oito puntos por riba da media da área Noroeste.

Todas as Aulas da Uned da provincia de Lugo medraron no número de estudantes matriculados.

Na provincia de Lugo, a Uned conta con tres Aulas nos municipios de Foz, Monforte e Viveiro, onde da Servizo a preto de 100 estudantes en cada unha. Tamén, conta cun aula da Uned Sénior no Concello de Sarria, con actividades destinadas a maiores de 55 anos e outra compartida nos concellos de Guitiriz e Xermade.

A Uned de Lugo quere agradecer a confianza de todas as persoas que nos escolleron este curso 20-21 para a súa formación.

Estes datos seguramente se incrementarán coa apertura do segundo prazo de matrícula entre 20 de xaneiro e 10 de marzo de 2021.

Ademais, continúa a actividade de extensión universitaria, estando aberto neste momento o prazo de matriculación, entre outras, nas seguintes actividades.

  • Técnicas de Afrontamento de probas presenciais.
  • Curso básico de redacción en medios de comunicación.
  • Monitor de Tempo Libre
  • Biodiversidade e Conservación Mariña
  • Exposición A Biodiversidade baixo Ameaza
  • Marketing e Comunicación on-line

A Uned de Lugo mantén o seu compromiso coa sociedade traballando a prol da sostibilidade e da loita contra o cambio climático a través do seu proxecto #NaturalMente.