Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Viesgo, líder no ranking de sostenibilidade GRESB

Por 15 Novembro, 2020Sin comentarios

Viesgo, líder no ranking de sostenibilidade GRESBDespois das excelentes puntuacións de Viesgo na clasificación de sustentabilidade GRESB en 2019, a eléctrica volveu a presentarse este ano a este índice internacional, mellorando as súas puntuacións e conseguindo ser líder absoluto na zona Sur de Europa no sector das infraestruturas enerxéticas, obtendo a máxima cualificación outorgada, 96,45 puntos sobre os 100 posibles.

Na presente edición, e tras avaliar a 406 compañías do sector de infraestruturas, GRESB decidiu outorgar a Viesgo o máximo recoñecemento, correspondente a cinco @estrella, grazas ao excelente desempeño realizado en 2019, no que a empresa promoveu as mellores prácticas en materia de sustentabilidade, acción social e bo goberno.

Segundo sinalou o presidente de Viesgo, Miguel Antoñanzas, “esta clasificación, que recoñece a Viesgo como a sétima compañía de infraestruturas máis sostible do mundo e primeira do sur de Europa, valora o compromiso de Viesgo temos coa sustentabilidade e reflicte o esforzo de todas as persoas que formamos Viesgo en crear un modelo de negocio sostible e a importancia para a nosa organización dos factores ESG na toma de decisións”.

Engadiu que “a avaliación GRESB mídenos e achega información sobre o desenvolvemento global do sector internacional de infraestruturas e anímanos a reforzar esta estratexia co fin de lograr o recoñecemento á transparencia por parte dos nosos clientes, empregados e demais grupos de interese”.

Mellora da puntuación nesta edición

Un ano máis, preto de 550 fondos e activos de distintos sectores a nivel mundial foron avaliados polo índice internacional independente GRESB, baixo parámetros en materia medio ambiental, social e de goberno corporativo.

Viesgo incrementou este ano a súa puntuación en 9 puntos, chegando aos 96,45 puntos sobre 100 respecto a os que obtivo o ano anterior, que era a primeira ocasión na que se presentaba. Ademais, a compañía obtivo os valores máximos na avaliación dos aspectos sociais e ambientais.

Esta aposta pola sustentabilidade está aliñada co propósito de Viesgo “Enerxía para o mundo que queremos” e co compromiso da compañía cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

En seccións tan relevantes como a Seguridade e Saúde, Medio e biodiversidade, Empregados e Clientes, Viesgo recibiu a máxima puntuación (100/100), onde mantén un firme compromiso de mellora continua e aplicar as mellores prácticas nesta materia.