Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O PP de Vilalba demanda un plan conxunto para as axudas da covid

Por 14 Novembro, 2020Sin comentarios

O PP de Vilalba proporá ao Goberno local a creación dunha comisión para deseñar un plan de axudas aos damnificados pola crise sanitaria. “Esto permitiría planificar as actuacións e poder aproveitar mellor os recursos municipais”, indicou o voceiro do grupo, Agustín Baamonde.

Segundo explica o ex alcalde “Vilalba é un centro comercial grande para podas as parroquias dos arredores e cremos que necesitamos deseñar un plan de axudas a todo o sector, ao comercio e tamén á hostelería”.

Calificou de “erro” o plan de bonos do Concello polo que se reparten 30 euros a cada veciños con independencia da súa situación. “Cremos que a idea de investir 400.000 euros na promoción do consumo é boa, o problema é a execución”. Afirma que “esa axuda non soluciona nada á xente que o está pasando mal, hai que buscar axudas racionais que mitiguen na medida do posible o problema”.

Finalmente aclara que outras administracións están deseñando axudas, polo que “non se trata de repetir o mesmo, senón complementar ese tipo de axudas, para que, por exemplo, onde non cheguen as da Xunta cheguen as do Concello”, conclúe.