Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei estrea vehículo para as emerxencias

Por 22 Decembro, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

O novo vehículo de Protección Civil

A agrupación de Protección Civil de Palas de Rei conta dende hoxe cun novo vehículo para levar a cabo as súas funcións no municipio. Trátase dun Mitsubishi L200 pickup, completamente adaptado e equipado para situacións de emerxencia, con máxima tracción e estabilidade para adaptarse a diferentes terreos. O vehículo dispón ademais dun amplo espacio de carga.
O novo vehículo destinarase ao servizo de emerxencias e protección do ambiente. Coa súa incorporación substitúe ao empregado anteriormente por Protección Civil nesas tarefas, e que quedara inutilizado como consecuencia do aumento do seu uso nos últimos meses. Durante o estado de alarma, de feito, ademais das labores habituais, empregábase para levar a cabo bo número de servizos relacionados coa prevención da covid-19.
O Concello de Palas de Rei contou coa colaboración da Xunta na financiación desta nova dotación que vén reforzar o servizo de emerxencias no municipio ulloano.