Skip to main content
Colaboracións AMARIÑAXAColaboracións TERRACHÁXA

Obesidad-atracóns-ansiedade por comer… e agora que?

Por 14 Decembro, 2020Febreiro 5th, 2021Sin comentarios

Por Lorena Maradona, Psicóloga

Antes de nada creo que toca presentarse. Son Lorena Maradona, psicóloga experta en trastornos alimentarios. Colaboro con Mónica Rodríguez Portela, nutricionista clínica. Ambas traballamos no eido da alimentación na zona da Mariña Lucense, especialmente en Ribadeo (rúa Reinante, 27, baixo—centro de estética Cristiane Carvalho).

A psiconutrición ou psicoloxía da alimentación estuda a nosa relación coa comida. Ten en conta as nosas emocións, condutas, así como o noso contexto social e de relacións. Non só se trata de dar resposta aos trastornos de alimentación (anorexia, bulimia, atracóns…) senón que tamén dá cabida ás dificultades de diagnosticar. Comer compulsivamente, darse atracóns, ter ansiedade pola comida, rexeitamento ao corpo, facer dietas crónicas e outras dificultades relacionadas coa comida e co corpo son o noso pan de cada día na consulta.

A psiconutrición ofrece estratexias, conceptos e teorías co obxectivo de traballar dunha maneira positiva a relación coa comida. A maneira na que comemos é unha mostra de como nos queremos. Utilizando isto como punto de partida, invítanos a construír novas formas de relacionarnos con nós mesmos para sanar a maneira na que comemos. As preguntas que un debera facerse son as seguintes:

· Preguntácheste algunha vez como inflúen as túas emocións á hora de comer?

· Despois dun día complicado comes de forma compulsiva?

· Abres a neveira cada vez que sintes que te aburres?

· Tes un conflicto e comes rápido, sen conciencia e con ansiedade?

· Cantas veces ao sentir preocupación ou medo comes para sentir alivio?

É bastante común que poidamos refuxiarnos na comida para que nos axude a calmar emocións desagradables. E cando isto se convirte nun hábito o risco pode ser demasiado alto. Depender totalmente da comida para encher vacíos ou evitar sentir emocións pode volverse na nosa contra, facéndonos aumentar de peso, sufrir hipercolesterolemia, diabetes, culpa, obsesións, sentimentos negativos… (o que coñecemos como fame emocional). A comida pasa a ser un reforzo a corto prazo co fin de deixar de sentir estrés, ansiedade, medo, aburrimento… Despois de dita conduta aparecen emocións negativas de forma que volvemos recurrir á comida para sentirnos mellor. Caemos así nun círculo vicioso. E entón é cando a axuda dun profesional experto é imprescindible. Os trastornos da conducta alimentaria (TCA) son tamén trastornos mentais, con orixe en diversas causas de orixe psicolóxico, familiar, sociocultural e biolóxico. Esta alteración da conduta conleva que a persona afectada sufra problemas físicos e psicosociais. Os TCA caracterízanse por comportamentos dirixidos a controlar o peso, síntomas ansiosos e depresivos, características obsesivas e funcionamento social pobre. Ao satisfacer os antoxos tan só se está poñendo un parche ás carencias que esa persoa poida ter. Así que se chegaches ata este extremo é momento de que poidas resolver a túa ansiedade de raíz. Identificar por qué a comida ten tanto peso na túa vida será o primeiro paso para descubrir ferramentas que nos poidan axudar.

Os comedores compulsivos inxiren grandes cantidades de comida perdendo o control sobre a mesma. Soen vivir esta experiencia como unha condición igual á que poderían ter con outra substancia como o alcohol ou o tabaco. Empregan a comida para evadirse, refuxiarse e evitar experimentar emocións desagradables. Normalmente teñen unha longa historia de dietas con fracasos recurrentes.

Qué aprenderás en consulta? A darlle un significado ás condutas compulsivas, xestionar as emocións, aumentar a seguridade e a confianza, aprender a escoitar os sinais do corpo, nutrir o corpo correctamente e alcanzar unha vida máis plena e feliz. Traballando o rexeitamento a hábitos saudables, os bloqueos, a imaxe corporal, as estratexias de afrontamento, o autoconcepto, o autocoidado e a autoestima e as causas que levan a unha mala relación coa comida o éxito producirase. Poden poñerse en contacto con nós no teléfono 604 086 408. Felices festas!!